A morada das xacias

Xacia

Nesta breve entrada daremoslle contexto a un deseño de ruta fundamentada na tradición. Con este proxecto de ruta virtual queremos darlle unha nova vida as lendas máis relevantes da historia de Galicia, neste caso da Riberira Sacra.

Mediante o emprego da realidade virtual pódese narrar dun xeito alternativo, contando as historias de primeira man, e facendo partícipes os visitantes. Imaxinas poder mergullarte nas augas e no misterio do Miño? Vivindo de primeira man a lenda das xacias!

Se aínda non coñeces de que estamos a falar continúa lendo…

(O seguinte texto foi publicado orixinalmente no libro Guía da Galiza Máxica de Vitor Vaqueiro.)

A morada dos xacios

“Na aldea de Marce, na parroquia de Vilar de Ortelle existe un castro. A menos dun quilómetro de distancia pasa o río Miño, que se dirixe ao seu empate co Sil en terras dos Peares. Nas pozas de Chouzán, de Curbaceira, de Parleira, teñen as súas moradas os xacios, seres míticos das augas, de fasquía hu mana e carácter anfibio.

Refírese que, en certa ocasión, unha xacia de grande beleza apareceu diante dun pescador, dicindolle que se a bautizaba o encantamento de que era vítima desaparecería, podendo casar e vivir xuntos. O bautizo tivo lugar, levándose a cabo, a seguir, o casamento. Da unión naceron nenos e nenas cun grande pendor cara á auga. Un día o pai, encolerizado, rifou cos cativos e cha 5 de xucia. A moulles fillos de xacia. A muller-xacia, comesta pola infelicidade. decidiu abandonar o seu home e voltar ao rio do que partira. As súas compañeiras e compañeiros non lle perdoaron a deserción e mudanza ao cristianismo e asasinarona. Cachos do seu cadáver téñense visto aboiando nas augas do río (Bouza-Brey: 1973).

Unha variación da lenda, que empata con narracións coñecidas de mouros, como a de Trascastro-O Incio, continua dicindo que unha das fillas do casal, de nome Sabela, que acostumaba a levar o gando ao monte, fixo amizade cunha xacia, que a agasallaba con graos de millo que, ao seren introducidos na faldriqueira de Sabela, viraban ouro. A única condición que a xacia puña era que a nena non lle contase a ninguén o agasallo. Sen embargo, Sabela fixo un día confidencia ao seu pai do segredo. Despois marchou para monte co gando e, vendo que non voltaba, o pai saíu na súa procura. De volta ao fogar, escoitou dende un curuto unha voz que dicía:

Sabelina, Sabelón,

fritida está en aceiton (González Reboredo: 1983, 134-135).

Máis nunca se soubo dela.

O relato repítese no monte das Cantariñas, no concello de Vilar de Santos. Alí engade o feito que nunha ocasión na que a nena, de nome Mariquiña, está a pentear a moura, tose, a moura dille que tusa de banda, porque se lle cuspe enriba da cabeza voltarase cristiá, suxerindo que o cuspe dun cristián pode cumprir as funcións de auga bieita no intre do bautismo. Neste caso. a voz que dá conta da morte da rapariga, refire que:

A Mariquiña, por lingoreteira,

está na miña barriga

fritida con allo e manteiga (Chao Espina: 1981, 65-66)

Vencellada a estes relatos, que confirman a actividade antropófaga de seres como xacios e mouros, existe unha narración, procedente de Orbán-Vilamarin, que expón como unha muller de Frameán tiña seis porcos que diariamente lle desaparecían. sen que soubese onde andaban. Un dia viunos no castro, onde unha moura lles daba de comer millo miúdo. 

A muller pídelle que lle dea os porcos e a moura faille o oferecemento de man terlle oito, se lle dá un de agasallo. A vicina rexeitao. Un día manda ao monte á súa filla Tareixa, que non volta. A nai berra por ela e cando, perto do castro, pronuncia as palabras: Tere siña, Teresina, respóstanlle dende dentro unha asada e outra cocida. (Seminario de Estudos Galegos: 1927).”

Non perdas fío deste proxecto, e así poderás explorar e descubrir as múltiples aplicacións que ten a tecnoloxía de vangarda a hora de poder transmitir o noso patrimonio máis especial.

Categories: Turismo