Como firmes defensores do patrimonio galego dende Omuseo queremos amosar o noso apoio a candidatura da Riberira Sacra a formar parte da Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO. 

“Ribeira Sacra é unha paisaxe cultural de Valor Universal Excepcional que representa o único exemplo conservado no occidente europeo do monacato ascético á imaxe do oriente cristián nun territorio de acollida, modelado polas sucesivas comunidades relixiosas que erixen un conxunto excepcional de arquitectura sacra, e polo traballo intenso das comunidades locais ao longo dos séculos en pendentes imposibles con policultivos adaptados ao clima e aos cambios dos modelos sociais e económicos, e que hoxe resulta un ben extraordinario para toda a humanidade.”

Na páxina web da candidatura poderedes atopar unha amplia información acerca da historia e os criterios más que fundamentados para considerar a Ribeira Sacra como unha firme merecedora de tal distinción. 

Pinchando na imaxe superior accederedes a unha ruta 360 polas igrexas e mosteiros da contorna. Isto non fai máis que poñer de manifesto o valor do lema deste proxecto. A tecnoloxía ao servizo da cultura. 

Por iso dende Omuseo traballamos por ir un paso máis alá, e non quedarnos en crear o producto tecnolóxico, se non que queremos que todo ese material sexa accesible a todo o mundo, co fin de sacarlle o máximo partido os recursos. Todo isto sempre coa idea de situar experiencia do ser humano como o eixe fundamental da actividade.