O Museo na praza busca servir de dinamizador da cultura no rural galego apostando polo emprego das novas tecnoloxías en ferramentas de divulgación e no propio deseño dos espazos do museo.

Todo isto sacando proveito das posibilidades que ofrece contar cun dispositivo móbil e a súa capacidade de adaptación o entorno e o público o que está dirixido a actividade.


En Galicia contamos con innumerables vilas de pequeno tamaño. Moitas delas non gozan da suficiente capacidade económica para manter unha forte inversión continuada en cultura e novas tecnoloxías.

Para promover actividades culturais moitas veces precisan de realizar desprazamentos, o cal implica un gasto de transporte coa seu correspondente impacto ambiental. 

Caravan

Por iso xurde este proxecto, co fin de facer a cultura atractiva a poboación, baseándose para acadar isto no emprego de novas tecnoloxías, que permitan deseñar experiencias máis personalizadas fomentando así unha cultura máis adaptada as realidades do S. XXI.