Nacín en 1994 na cidade de Vigo. Con oito anos dei comezo os meus estudos musicais na Unión Musical de Cabral. Chegando a rematar os estudos profesionais de música, no CMUS Vigo, na especialidade de Tuba.

A miña vida académica fora da música levoume a estudar os tres ciclos profesionais da familia do Turismo; Xestión de Aloxamentos, Guía, asistencia e información turística e Axencia de viaxes e xestión de eventos. Tamén cursei o primer ano do Grado en Recursos Humanos e Relacións Laborais na Uvigo.

Dende o ano 2018 tamén posúo o título oficial da Xunta de Galicia como Monitor en Ocio e Tempo Libre. Teño realizado unha serie de experiencias en accións voluntarias, tanto ambientais como deportivas.

No 2019 entrei a formar parte do proxecto europeo AYCH, como membro dunha incubadora de prototipos no seu partner en Lugo, levando a cabo o meu propio proxecto, e adquiririndo novos coñecementos e experiencias que lograron enriquecerme.

Nun futuro espero seguir evolucionando en todas as miñas facetas o máximo posible. Contribuindocoa sociedade na que vivo con máis proxectos xa sexan musicais, turísticos ou empresariais.

Categorías: Presentación

0 comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *