Este 2020 seguramente pase a historia como un dos períodos máis complexos para a humanidade, o Covid-19 está a supor unha crise no aspecto sanitario, económico e tamén cultural. Ante esta situación cabe preguntarse se os modelos anteriores poderán seguir funcionando do mesmo xeito nunha sociedade post-pandemia.

Redución de aforo nos museos? Desaparecerá o turismo de masas? Optará máis xente por mudarse das cidades cara os pobos?

Todas estás cuestións, e moitas outras, xurdiron a raíz do que semella será un cambio que ficará con nós cando menos unha tempada. O longo da historia da humanidade as grandes crises produciron desprazamentos de poboación entre distintos lugares. É coñecido que cando xurdiron as primeiras fabricas produciuse un efecto polo cal moitos residentes en pequenas poboacións emigraron cara o que serían as grandes urbes de hoxe en día en busca de maiores oportunidades laborais.

Estes grandes núcleos de poboación seguén ofrecendo hoxe en día unha serie de factores atractivos, pero co tempo son maiores as voces que falan dos seus aportes negativos como a alta contaminación, a precaria situación do pequeno comercio, a súa masificación e a perda de identidade da comunidade en favor da dos individuos. Últimamente a idea de cambio a un estilo de cidade verde e un tema o que cada vez se lle presta maior atención.

Na actualidade os avances tecnolóxicos e de infraestructuras aportan un amplio abanico de opcións, a flexibilización de moitos postos de traballo (mediante o traballo en remoto ) xa é unha realidade, cada vez máis xente ten en mente mudar de estilo de vida cara un máis relaxado o cal lle permita vivir en maior comunión co entorno natural.

Toda vez que o aspecto laboral, económico, social, e ecolóxico abre unha porta o rural, cabe preguntarse si o cultural está preparado para satisfacer este tipo de demanda. Todos somos conscientes de que un dos grandes vacíos pode estar na falta de actividades lúdicas, as cales son fundamentais para encher de vida unha comunidade. As ferramentas xa existen, e os cambios como estamos a experimentar son inevitables.

Con todo isto, cabe preguntarse si realmente paga a pena poñer o foco nas cidades, ou si sería mellor apostar por iniciativas que incentiven un novo modelo de vida para os pequenos núcleos rurais.


0 Comments

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *